Monday 29 de April de 2024

A Pobra acolleu un simulacro de rescate de animais mariños


Persoal especializado da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) impartiu no 23 de outubro un simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños na Pobra do Caramiñal. Por mor da chuvia, a actividade trasladouse á Casa Mariñeira.

Organizada pola Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), a dita acción tiña como finalidade instruí-lo público asistente sobre como actuar ante un animal varado, expoñe-las especies que se poden ver nesta situación e as características das tartarugas, lobos mariños e cetáceos.

Ademais, a CEMMA fixo entrega dunha padiola á Protección Civil da localidade para o traslado das especies animais mariñas xa referidas.